Hoxe empezamos un tema novo de coñecemento do medio "A Materia e as súas propiedades".
Aos Golfiños do Miño xurdiulle a seguinte dúbida;
- Canta cantidade de auga necesitamos para encher unha piscina que, mide 6metros de largo,6metros de ancho e 2metros de altura?
Non chegamos a unha solución despois de darlle moitas voltas .....decidimos pedir axuda no exterior.
Natalia Feijoo, alumna de 4ºA da ESO, entrou na aula e espuxémoslle o noso problema para ver se podía axudarnos a resolvelo.
Moi amablemente explicounos como tiñamos que facer.
Grazas a ela decatámonos que, o volume dos líquidos se mide en litros,centilitros, mililitros....
Os "Golfiños do Miño" agradecen a Natalia a súa gran axuda.
Gracias Natalia por ayudarnos
ResponderEliminarGrazas a vós por confiar en min, e eu encantada de perder clase! Así que cando teñades outra dúbida..., xa sabedes onde estou ;)
ResponderEliminarSaúdos para todos.